A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia celebrará as probas de acceso a estudos superiores de Arte Dramático:
- Prazo de inscripción nas probas: do 18 ata o 29 de xuño, ambos incluidos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.es/eas/ e usando o certificado dixital o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Realización das probas: 13 xullo.
- Probas presenciais: especialidade de Interpretación.
- Probas telemáticas: especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía.
- Requisito de acceso:
- Ter o título de Bacharelato (ou título equivalente).
- Ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de madureza para persoas que teñan 18 anos cumpridos no ano de realización das probas. Esta proba ten como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes en relación cos obxectivos propios do Bacharelato, para cursar con aproveitamento as ensinanzas superiores de Arte Dramática.
Para máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario