xoves, 30 de abril de 2020

Caderno de actividades para o confinamento

Hoxe chéganos unha proposta de Puri Ameixide, profesora de Lingua Galega do noso centro. Trátase dun caderno de actividades para o confinamento, deseñado para 1º ciclo de ESO pero facilmente adaptable a outras idades.

Podedes acceder a el premendo sobre a seguinte imaxe:

mércores, 29 de abril de 2020

Algúns recursos na rede para o período de confinamento

Déixovos aquí un documento facilitando por outra compañeira orientadora. Para acceder a el, só tedes que facer click na imaxe.

martes, 28 de abril de 2020

Novas instruccións da Consellería de Educación de Galicia

Nestes días estamos a recibir novas instruccións dende a Consellería de Educación da nosa comunidade. Déixamos os enlaces a continuación para que as poidades consultar:

  • Instruccións para o desenvolvemento do tercer trimestre do curso 2019-2020: podedes acceder AQUÍ.

  • Instruccións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU): podedes entrar AQUÍ.

  • Medidas excepcionais para as ensinanzas de FP e ensinanzas de educación especial (ensinanzas artísticas, deportivas, adultos, idiomas, ...): podedes atopalas AQUÍ.

Modelos de exame ABAU 2020

Novas fresquiñas para o alumnado e profesorado de 2º Bacharelato !

A CiUG acaba de publicar os MODELOS DE EXAME para a ABAU deste 2020.

https://ciug.gal/gal/abau/modelos?fbclid=IwAR1j5OHA2gTHAN-O9dP3UXVBfbPX4tEqoMEaXi83p1IMHVtsd6dpXEpJexA

luns, 27 de abril de 2020

Recomendacións para traballar con ordenadores

Moi boas!

Hoxe chegounos da man de Chus Fernández, profesora de FOL do noso centro, unha recomendación para estos días nos que pasamos moito tempo con ordenadores:

domingo, 26 de abril de 2020

Pautas para a saída a rúa cós menores

Bo día !
Como sabedes, dende hoxe, os/as menores de 14 anos poderán saír a rúa acompañados/as dun adulto responsable. 

Déixovos aquí unha serie de pautas que é importante que sigades:

xoves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro !

Ssissimonea: Dia do Libro*Día del libro*World Book Day 
Imaxe extraída de: http://ssissimon.blogspot.com


Dende o Departamento de Orientación tamén queremos celebrar o día do libro e que mellor que recomendando libros nos que os seus protagonistas presenta diversidade funcional? Unha boa maneira de pasar o tempo nesta corentena ;)

mércores, 22 de abril de 2020

Coñece a UDC

O próximo 23 e 24 de abril a Universidade de A Coruña (UDC) realizará unhas "Xornadas de portas abertas virtuais". Podedes acceder AQUÍ.

Animádevos a coñecer unha das Universidades da nosa comunidade a través do mundo online !

Cuestionario para titorías


Como sabemos o difícil que pode resultar a situación que estamos a vivir, dende o Departamento de Orientación elaboramos un cuestionario voluntario que os/as titores/as poderán enviar aos seus titorandos para que o cubran aqueles/as que oe o desexen, obtendo así información sobre como están levando o confinamento.

Se queredes descargar este cuestionario, podedes facelo AQUÍ.

Se non vos deixa cubrilo, pode ser porque non contades có ADOBE READER, o cal podedes descargar gratuitamente AQUÍ.

V Encuesta de situación sobre logística sustentable en la ... 
Imaxe extraída de: https://webpicking.com

venres, 17 de abril de 2020

Actividades en FAMILIA para facer fronte ao Coronavirus

Aproveitando que estamos a pasar moito tempo en familia, dende o Departamento de Orientación realizamos un BANCO DE RECURSOS que recolle unha proposta de actividades para realizar na casa e así levar mellor o confinamento. 

Premede sobre a seguinte imaxe para acceder as actividades:

https://view.genial.ly/5e78ab65dd2dca0da6c87f7c/horizontal-infographic-review-actividades-en-familia-para-facer-fronte-ao-coronavirus


Esperamos que vos gusten !

APROVEITADE O TEMPO XUNTOS/AS !!