- Requisitos académicos e persoais:
- Estar matriculado/a, no curso 2020-2021, en estudos post-obrigatorios (ciclos de FP, Bacharelato, etc.), non universitarios, en centros docentes públicos ou privados-concertados nos municipios de:
- Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
- Excepcionalmente, por causas debidamente xustifcadas, a Comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos.
- Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.
- Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos:
- A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
- Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
- E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
- Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
- Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustifcadas, a Comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos.
- Presentación de solicitudes:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible en: https://sede.xunta.gal/portada
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común. - Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identifcación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
- O formulario normalizado de solicitude (anexo I) e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II), ademais estarán dispoñibles:
- No portal educativo: http://www.edu.xunta.gal/portal/
- Nas dependencias dos centros residenciais docentes.
- A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante ou polo seu representante legal.
- Prazo de presentación de solicitudes:
- O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
- Para o alumnado matriculado en bacharelato, ata o 10 de xullo de 2020.
-
Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o 3 de agosto de 2020.
- Adxudicación de praza gratuíta:
- Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real Decreto 430/2019, do 12 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
- Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Adxudicación de praza bonificada:
- Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
- Ata un 10 %: 565,87 €.
- Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.
- Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.
- Máis do 30 %: 2.066,75 €.
- O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.
- Criterios de baremo:
- As solicitudes valoraranse conforme a criterios socioeconómicos e de rendemento académico.
- Os criterios socioeconómicos abranguen: composición da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar e renda da unidade familiar.
- Listaxes provisionais, defnitivas, adxudicación de prazas e listaxe de suplentes: publicaranse a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial:
- 28 de agosto de 2020:
- A listaxe provisional de persoas admitidas que indicará a puntuación total por orde descendente e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico.
- A listaxe provisional de persoas excluídas que indicará a causa da exclusión.
- 14 de setembro de 2020:
- A listaxe defnitiva de todas as persoas admitidas, indicando: a puntuación total por orde descendente e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico.
- A listaxe defnitiva de persoas excluídas, que indicará a causa da exclusión.
- A listaxe de persoas adxudicatarias, que indicará o nome e apelidos e o centro en que estean matriculadas.
- A listaxe de suplentes, coas persoas admitidas que estando matriculadas no obteñan praza, seguindo a orde de prelación que resulte da súa puntuación defnitiva.
Para máis información, consultar a convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200609/AnuncioG0534-290520-0002_gl.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario