martes, 26 de maio de 2020

Instrucións para a xestión dos reintregros de bolsas e axudas ao estudo - curso 2019-2020.


Debido á situación actual do estado de alarma, o Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou unha serie de instrucións para o reintegro de bolsas (becas) e axudas ao estudo para o presente curso 2019-2020.

A continuación, fágovos un resumo por se vos sirve de axuda:

A) ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, FPB, Bacharelato, etc.):

Devolveráse a bolsa (beca) ou axuda económica se:
  • Se se cursou baixa no centro.
  • Non se asistiu a un 80% ou máis das horas lectivas
    • Para o cálculo desta porcentaxe terase en conta exclusivamente as horas de asistencia ata a declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020).
  • Reducción do número de asignaturas/módulos ou materias matriculadas.
    • A anulación da matrícula dunha ou máis asignaturas de forma voluntaria e particular polo estudiante (sen que dita anulación fose imposta polo centro con carácter obligatorio por non haber dado algunha alternativa ao estudiante) considerarase como reducción do número de asignatura/módulos/créditos/horas efectivamente matriculados.
      • Non se considerará reducción e, polo tanto, non afectarán á bolsa (beca) concedida, as asignaturas/créditos/módulos/horas que foran anulados por non poder cursalos polo estudiante como consecuencia da situación creada polo estado de alarma, sempre que non se ofrecera algunha alternativa para a súa realización ou substitución por outra actividad.
  • Non superar o 50% das asignaturas, créditos ou horas matriculadas.
    • Non se terán en conta as correspondentes asignaturas/módulos que, como consecuencia das medidas derivadas do estado de alarma non poderon avaliar ao bolseiro (becario). Neste caso, calcularase sobre o número de asignaturas/módulos efectivamente avaliados ou que puideron ser avaliados. 
      • En consecuencia, en relación á FCT:
        • Naqueles casos nas que ofreceuse ao estudante realizar unha actividade alternativa que substitúa á FCT ou o aprazamento de dito módulo para o próximo curso, e o estudante optara polo aprazamento, non se considerará como redución de módulos matriculados.
          • Deste xeito, o cálculo das horas superadas realizarase unha vez finalizado o periodo de prácticas obxecto do aprazamento.

B) AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE:

Devolveráse a bolsa (beca) se:
  • Se se cursou baixa no centro.
  • Non se asistiu a un 50% ou máis das horas lectivas
    • Para o cálculo desta porcentaxe terase en conta exclusivamente as horas de asistencia ata a declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020).
  • Non ter abonado os servicios prestados para cuxa financiación concedérase a axuda:
    • Axuda de enseñanza, transporte, residencia: procederá o reintegro únicamente do exceso correspondiente se as cantidades percibidas superaran o importe do realmente abonado polo beneficiario da axuda por estos servicios ou se o estudante recibiu a axuda e non asistiu ao centro ou non empregou os servicios con anterioridade á declaración do estado de alarma.
    • Reeducación pedagóxica, reeducación da linguaxe e axudas para altas capacidades: con carácter excepcional, consideraranse amparados por esta axuda todos aqueles gastos que redunden en favorecer a reeducación pedagóxica ou da linguaxe do alumnado que polas circunstancias descritas, non puideran asistir ás sesións presenciais dos profesionais previamente fixadas, tales como adquisición de material informático ou audiovisual sempre que, por parte dos equipos de orientación ou pola Administración educativa competente, se estime que redundan en favorecer a reeducación destos estudantes.
      • En calqueira caso, consideraranse xustificados os gastos de reeducación pedagóxica ou da linguaxe que foran realizados ata o primeiro día de comezo do curso escolar 2020-2021.


Se queredes consultar estas instrucción podedes facelo premendo nos seguintes apartados:

Para calqueira dúbida pórse en contacto có Servizo de Becas de Pontevedra no nº de teléfono 986.80.59.01 ou no email becas.pontevedra@edu.xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario