Esta información é para o alumnado do IES Antón Alonso Ríos ou que fixese a inscrición a estas probas no noso centro.
CICLO MEDIO
- LUGAR: I.E.S. ANTÓN ALONSO RÍOS.
- DÍA: 10 de xuño.
- 9.00 horas: presentación (recoméndase acudir con antelación debido á situación actual COVID-19).
- De 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- De 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
- DOCUMENTACIÓN A LEVAR:
- Documento oficial de identidade.
- Copia da folla da solicitude de inscrición.
- MATERIAIS PRECISOS:
- Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
- Calculadora
científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para
almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de
Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas non se permite o emprego da calculadora.
- Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
- Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
- LISTAXE PROVISIONAL:
- Reclamacións: as persoas interesadas poderán presentar reclamación contra esta listaxe ata o día 28 de maio, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As persoas que se acolleron a posibilidade de presentar reclamación a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal non é preciso que fagan ningún trámite novo, xa que a súa reclamación xa foi tramitada.
- LISTAXE DEFINITIVA: 29 de maio.
- CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS: 17 de xuño.
- Reclamacións: do día 17 ata o día 19 de xuño.
- CUALIFICACIÓN DEFINITIVAS: 26 de xuño.
- RECOLLIDA DE CERTIFICACIÓNS: a partir do 29 de xuño.
Para máis información, pincha AQUÍ.
CICLO SUPERIOR
- LUGAR: CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE (Vigo).
- DÍA: 11 de xuño.
- 9.00 horas: presentación (recoméndase acudir con antelación debido á situación actual COVID-19).
- De 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
- De 16.00 ás 18.00 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder).
- DOCUMENTACIÓN A LEVAR:
- Documento oficial de identidade.
- Copia da folla da solicitude de inscrición.
- MATERIAIS PRECISOS:
- Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
- Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar nas probas de Matemáticas, Física, Tecnoloxía industrial, Química e Economía da empresa.
- Lapis, compás, regra, escuadro e cartabón, en Debuxo técnico.
- Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
- CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS: 17 de xuño.
- Reclamacións: do día 17 ata o día 19 de xuño.
- CUALIFICACIÓN DEFINITIVAS: 26 de xuño.
- RECOLLIDA DE CERTIFICACIÓNS: a partir do 29 de xuño.
Para máis información, pincha AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario