luns, 15 de xuño de 2020

Concello de Tomiño: Programación de verán en familia 2020

O Concello de Tomiño acaba de publicar a proposta de actividades en familia para este verán 2020:

– Zumba en familia: a partir de 3 anos e sen límite de idade.

– Pilates en familia: a partir de 3 anos e sen límite de idade.

– Ioga para bebés: cada bebé ten que ir acompañado por unha persoa adulta.

– Mindfulness e ioga familiar: a partir de 3 anos e sen límite de idade.

– Danza en familia: a partir de 3 anos e sen límite de idade.

– Kundalini ioga: a partir de 12 anos e sen límite de idade.

– Hip Hop: de 12 a 30 anos.

 Todas as actividades serán realizadas de luns a venres en horario de mañá. Se hai demanda suficiente levaranse a cabo en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira).

Para obter máis información, preme sobre a seguinte imaxe:

Ningún comentario:

Publicar un comentario