venres, 17 de abril de 2020

¿Problemas para durmir nesta coarentena?

consejos para dormir bien 
Imaxe sacada de: https://www.atraigaelexito.com

Debido a situación que estamos a pasar, é moi recorrente que haxa cambios no estado de ánimo que alteren, es especial, dúas facetas da vida diaria: o sono e o apetito. Isto se pode manifestar nunha ampla gama de niveis, por exemplo, dende durmir moito a durmir pouco. 

xoves, 16 de abril de 2020

PAUTAS PARA AFRONTAR O PERÍODO DE CONFINAMENTO

Dende o Departamento de Orientación do IES Antón Alonso Ríos somos conscientes da situación extraordinaria que vivimos e as implicacións que poden ter na dinámica familiar e/ou o impacto psicolóxico en xeral. Polo que, gustaríanos volver a compartir con vós unha serie de pautas para afrontar esta coarentena xa que esta situación extraordinaria provoca que os vosos fillos e fillas estean na casa un número moi elevado de horas con maior ou menor supervisión, segundo as posibilidades de conciliación das familias e o apoio que teñan fora do seo familiar.

BENVIDA AO BLOG DE ORIENTACIÓN DO IES ANTÓN ALONSO RÍOS

A Xunta autoriza a designación de Antón Alonso Ríos para o IES de ... 

Benvidos e benvidas ao novo blog do Departamento de Orientación do IES Antón Alonso Ríos !!

Estreamos este espazo có obxectivo de ir colgando información, recursos, novidades, etc. que esperamos sexa de utilidade para o alumnado, familias e profesorado. 

Así como abrir un novo espacio de comunicación para posibles dúbidas. 

Un saúdo e a navegar polas novas publicacións !