martes, 12 de maio de 2020

Programa de Becas para o comezo de estudos Universitarios

Acaba de chegarnos información sobre unha nova convocatoria de Becas Universitarias para estudantes de 2º Bacharelato que queiran estudar na Universidade Carlos III de Madrid.

Estas bolsas estarían dirixidas a estudantes con bo expediente académico e con escasos recursos económicos.

O prazo de solicitude para o curso escolar 2020/2021 é do 11 de maio ao 19 de xuño de 2020.

Se queredes máis información, premede na seguinte imaxe:

Vídeo para o alumnado de 3º ESO

Hoxe o vídeo de orientación académico-profesional é para o alumnado de 3ºESO:


Se queredes acceder á presentación, premede na seguinte imaxe para poder descargala en PDF:

venres, 8 de maio de 2020

Profesións que posiblemente terán maior relevancia tras a pandemia

Bo día !

Hoxe temos unha proposta de publicación que nos fai chegar Raimundo Leirós, profesor de Tecnoloxía e director do noso centro. Trátase dunha noticia do periódico "EL PAÍS" onde se recolle as profesións que posiblemente empecen a cobrar maior relevancia tras o COVID-19. Unha noticia que, sen duda, debería ter en conta o alumnado que está a pensar e/ou reflexionar que estudos cursar en concreto para aqueles que van rematar Bacharelato.

Podedes acceder á noticia premendo na seguinte imaxe:

xoves, 7 de maio de 2020

Vídeo para o alumnado de 4º ESO

Hoxe o vídeo de orientación académico-profesional é para o alumnado de 4ºESO que trata principalmente sobre as diferentes vías e opcións de cara o curso que ven (Bacharelato, FP, ensinanzas especiais, etc.).

Déixovos o vídeo a continuación:

mércores, 6 de maio de 2020

VÍDEO SOBRE BACHARELATO

Pois hoxe comezamos cós vídeos sobre orientación académico-profesional. Neste caso, o vídeo trata sobre a etapa educativa de BACHARELATO: características xerais, itinerarios de 2º BAC, diferentes vías e opción segundo o momento no que nos atopemos, etc.

Déixovos o vídeo a continuación:

martes, 5 de maio de 2020

Recursos para auto-orientarse

Bo día!

Debido ás circunstancias que estamos a vivir, para o Departamento de Orientación complícase un pouco orientarvos a nivel académico e profesional. Por esta razón, dedicaremos os próximos días a ir proporcionándovos a maior información posible ao respecto.

Para comezar, déixovos unha serie de recursos abertos para desenvolver o autocoñecemento, seleccionar información académica, para tomar de decisións e para orientarse profesionalmente. Neste documento tamén se inclúen dúas guías para as familias! Destacar que esta recopilación foi elaborada por Alberto Del Mazo e Mónica Diz (ambos orientadores).

Para acceder ao documento, que recolle estos recursos, tedes que premer sobre a seguinte imaxe:

luns, 4 de maio de 2020

Un pouquiño de relaxación

Hoxe chéganos unha proposta dun membro do Departamento de Orientación, Ángeles Nogueiras, profesora de apoio PT do noso centro. 

Trátase dun vídeo que invita á relaxación, a cal recomendamos practicar para tentar reducir o nivel de estrés que pode ocasionar o confinamento:


 Esperamos que vos sirva a relexarvos!

MOITO ÁNIMO ! XA QUEDA MENOS !

sábado, 2 de maio de 2020

Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar

Hoxe, 2 de maio, é o...

Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar

Por iso, queremos deixar un vídeo para o concenciación do mesmo:

venres, 1 de maio de 2020

Horarios para saír á rúa

Como sabedes, a partir de mañá (2 de maio) poderase saír á rúa. Deixamos aquí un resumo coas franxas horarias para saír a pasear e facer deporte: