martes, 5 de maio de 2020

Recursos para auto-orientarse

Bo día!

Debido ás circunstancias que estamos a vivir, para o Departamento de Orientación complícase un pouco orientarvos a nivel académico e profesional. Por esta razón, dedicaremos os próximos días a ir proporcionándovos a maior información posible ao respecto.

Para comezar, déixovos unha serie de recursos abertos para desenvolver o autocoñecemento, seleccionar información académica, para tomar de decisións e para orientarse profesionalmente. Neste documento tamén se inclúen dúas guías para as familias! Destacar que esta recopilación foi elaborada por Alberto Del Mazo e Mónica Diz (ambos orientadores).

Para acceder ao documento, que recolle estos recursos, tedes que premer sobre a seguinte imaxe:


Unha vez descarguedes o PDF, só tedes que ir premendo sobre os enlaces que vos saen en azul para acceder aos diferentes recursos.

Se tedes algunha dúbida podedes escribila nos comentarios.

Animaros a coñecervos máis e a explorar as diferentes opcións académicas e profesionais!

Ningún comentario:

Publicar un comentario