venres, 19 de xuño de 2020

Prazos de admisión nos ciclos de FP - Curso 2020/2021

Xa está dispoñible o calendario cós prazos de admisión na Formación Profesional (FP), tanto para os ciclos medios como para os ciclos superiores.

Preme sobre a seguinte imaxe para descargar o calendario en PDF:


As solicitudes de admisión deberán realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (medio e superior), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante:

  • O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, na secretaría do instituto. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.
  • No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Para máis información, consultar a seguinte entrada do blog sobre Formación Profesional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario