martes, 12 de maio de 2020

Xornada de portas apertas online sobre o Dobre Grao Internacional en ADE-BBA

Para aquel alumnado de Bacharelato que estea interesado, o próximo 22 de maio de 2020, o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) realizará unha xornada de portas abertas online sobre o Dobre Grao Internacional en ADE-BBA.

É preciso inscripción previa.

Se queredes máis información ao respecto premede sobre a seguinte imaxe:

Información sobre os novos graos da USC

Como se indicou no vídeo feito para o alumnado de Bacharelato, a USC vai ofertar dous novos graos universitarios no campus de Lugo.

Se queredes maior información ao respecto, premede sobre o grao no que estades interesados/as para acceder a súa páxina web:

Acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Para aqueles estudantes de Bacharelato que estén interesados en cursar o ano que ven estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia acaba de poñer información sobre o acceso para o próximo curso 2020-2021 na súa páxina web (vídeos explicativos, requisitos de acceso, exemplos da proba de acceso, etc.).

Se estades interesados e queredes máis información ao respecto, premede na seguinte imaxe: